O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Virxe do Carme realizou un semilleiro

AMariñaXa
O alumnado de 6º de Primaria do Ceip Virxe do Carme realizou un semilleiro coa axuda das monitoras do Centro Gaia do Concello de Burela.
1 feb 2023

O alumnado de 6º de Primaria do Ceip Virxe do Carme realizou un semilleiro coa axuda das monitoras do Centro Gaia do Concello de Burela.

Desde Gaia lembraron que “desde hai dous anos o Virxe do Carme conta cunha pequena horta onde o alumnado aproveita para plantar cabazas (posteriormente son utilizadas  para decorar o centro), pementos, brócoli, acelgas, leitugas, etc. Con esta actividade, que tivemos hai uns días, realizan un semilleiro que despois será transplantado na horta”.

As monitoras explicáronlles “a procedencia das sementes, a época en que se deben de plantar, os coidados en canto ao seu crecemento e a frecuencia coa que se deben regar. Centrámonos en cultivos sinxelos sen moitas complicacións tanto no seu plantado como no proceso de mantemento. O alumando non só disfruta das tarefas senón que tamén ven recompensados os seus esforzos cando saen os froitos na primavera  e os poden recoller”.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “o que se pretende é que os nenos e as nenas aprendan e se familiaricen coas hortalizas  fomentando desta forma unha alimentación sa e variada”.