O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, di que as obras de reforma do hospital asilo "marchan a bo ritmo"

AMariñaXa
O Concello concertou un préstamo de 900.000 euros para afrontar as obras de modernización do Hospital Asilo
ribadeo equipo de goberno visita obras hospital asilo 2024
2 Abr 2024

As obras de reforma da residencia hospital asilo marchan a bo ritmo, segundo o alcalde, Dani Vega. O equipo de goberno quere que os usuarios da instalación poidan regresar canto antes.

O rexedor explicou que “seguen a moi bo ritmo as obras na residencia hospital asilo, baixo planificación técnica, sendo rigorosos nos tempos e esixíndolle á empresa que os cumpra. Iso é moi importante en todas as obras, pero máis se cabe na residencia hospital asilo”.

Vega dixo que “nosoutros tamén estamos ocupados e preocupados porque as persoas que vivían nesta residencia veñan canto antes e por iso queremos que se cumpran os tempos. Hoxe visitamos a residencia hospital asilo e comprobamos que as obras van a moi bo ritmo e dende logo isto é no que vamos a seguir ocupados e preocupados, para que se cumpran os tempos, facendo as obras perfectamente”.

O alcalde indicou que “tivemos que facer certas modificacións no proxecto; espero que non se teñan que facer máis, pero non se descarta nada. Pero o que si temos claro é que ten que haber esa planificación técnica e unha coordinación entre o Concello e a empresa encargada de facer a obra e así seguramente que todo vai saír perfectamente para que esta residencia hospital asilo se poña en funcionamento canto antes”.

0.1517059803009