O alcalde cervense pide recapacitar coa Lei de Mobilidade Sostible que afecta ao FEVE

AMariñaXa
O alcalde cervense fai un chamamento para que o Goberno recapacite e dea marcha atrás a ese artigo da Lei de Mobilidade Sostible
tren feve marina
21 Jul 2022

Ese artigo da Lei de Mobilidade Sostible considera a posibilidade de suprimir aqueles servizos públicos que non resulten rendibles "o que vai en contra do rural e de frear o despoboamento das zonas máis alonxadas das grandes cidades".

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou a súa preocupación ante a actitude que está a tomar o Goberno central con respecto á liña ferroviaria de ancho métrico da Mariña "que ano tras ano se vai devaluando sen que tome medidas para evitalo".

Polo contrario -engadiu Villares- "os representantes de CCOO nos amosaron a súa precupación porque o que se contempla é o instrumento legal para a posible eliminación definitiva do servizo, tal e como se recolle na disposición transitoria terceira da Lei de Mobilidade Sostible"; que considera a posibilidade de suprimir aqueles servizos públicos que non resulten rendibles.

Resulta contraditorio -apunta- "que se fale de apostar polo rural e de frear a despoboación das aldeas; cando se está plantexando a supresión de servizos fundamentais para a vertebración de zonas como a nosa".

O asunto foi abordado nunha reunión á que CCOO convocou aos diferentes mandatarios da Comarca, na que deron conta do abandono ao que o Goberno do Estado ten sometida a Comarca. Villares recorda que desde que se fundou a Plataforma en Defensa do Ferrocarril aló polo 2017 non houbo ano no que non se perderan servizos, "quendando, polo tanto, todas as reivindicacións feitas por esta plataforma gardadas no caixón do Goberno central".

O que queremos e esperamos -engadiu Villares-, e que o Goberno recapacite e suprima ese artigo que vai directamente contra A Mariña, e que o futuro do servizo do ferrocarril na comarca tome outro camiño completamente oposto; o da remodelación e a modernización como medio vertebrador da nosa Comarca, das nosas vilas".

0.10099387168884