O albergue público de Lourenzá volve abrir as súas portas
AMariñaXa
O Albergue Público de Lourenzá volve abrir as súas portas cun novo aspecto. Este edificio está situado na praza da Gracia
8 Apr 2022
O albergue público de Lourenzá volve abrir as súas portas cun novo aspecto. Este edificio, situado na praza da Gracia, ten 18 prazas e todos os servizos que precisan os peregrinos.
Para reservar praza ou pedir información haberá que chamar ao teléfono 646 384 124 e 652 186 731, ou mandar un correo electrónico a lourenzaturismo@outlook.es.
Lourenzá é final da etapa do Camiño Norte dende Ribadeo, un percorrido de 28, 2 quilómetros e dunhas 6 horas e 45 minutos, e dará saída á seguinte cara Abadín.