O actual alcalde e candidato do PSOE de Foz, Fran Cajoto,aposta pola posta en valor de lavadoiros e fontes

Foz
AMariñaXa
O actual alcalde e candidato do PSOE de Foz Fran Cajoto aposta pola posta en valor de lavadoiros e fontes, moitas en mal estado
Foz FONTE DE CABANAS
Foz FONTE DE CABANAS
24 Maio 2023

O actual alcalde e candidato do PSdeG-PSOE Fran Cajoto aposta pola posta en valor de lavadoiros e fontes, moitas das cales se atopan en mal estado de conservación.

“Nesta lexislatura fixemos actuacións importantes na fonte de Ribela en Cangas e na de Cabanas en Nois, na cal tivemos que dispoñer unha nova tubaxe desde o manantial e se acondicionou o camiño de acceso. Quedan pendentes moitas outras: Ferreiravella, Xinzo, Trasmonte, O Chao, Lousada,…", di Cajoto.

“Queremos  incidir na rehabilitación das fontes e mellorar os camiños de acceso, para facilitar que as veciñas e veciños poidan facer uso dos manantiais. Son parte da nosa historia e bens patrimoniais importantísimos: seguro que nos poden contar moitas historias e queremos que o sigan facendo”. Remata o alcalde.

0.07879900932312