O 5 de febreiro volven os tradicionais callos da festa do San Blas en Vilaxoane, Foz

Foz
AMariñaXa
A peña de Entroido Fálame Sempre, en colaboración coa Comisión de Festas do San Blas e o Concello de Foz, retoma o vindeiro domingo día 5
falame sempre festa dos callos de san blas 2023 foz
falame sempre festa dos callos de san blas 2023 foz
27 Xan 2023

A peña de Entroido Fálame Sempre, en colaboración coa Comisión de Festas do San Blas e o Concello de Foz, retoma o vindeiro domingo día 5 de febreiro os tradicionais callos da festa do San Blas en Vilaxoane.

Xa antes da pandemia había uns anos que non se facía esta xornada gastronómica do domingo, pola gran carga de traballo que lle supoñìa á comisión a maiores de todos os outros actos do fin de semana.

Así, se á veciñanza lle apetece asistir e degustar este apetitoso prato, pódese facer a reserva de tíckets no teléfono 982 132 230 (en horario comercial) ou mercalos na Libraría A Rapadoira.

O menú consta de callos, pan, viño, sobremesa e café a un prezo de 12 euros. Haberá mesas e bancos na carpa e contarán con sesión vermú e servizo de bar. A xornada comezará a partir das 14.00 horas,

falame sempre festa dos callos de san blas 2023 foz
0.10437798500061