O 18 de marzo será o II Rally Concello de Ourol

AMariñaXa
O Club Clásicos Viveiro en colaboración co Concello de Ourol preparan para o vindeiro 18 de marzo o II Rally Concello de Ourol
II RALLY CONCELLO DE OUROL 2023 2
II RALLY CONCELLO DE OUROL 2023 2
6 mar 2023

O Club Clásicos Viveiro en colaboración co Concello de Ourol preparan para o vindeiro 18 de marzo o II Rally Concello de Ourol e realizarase nunha única xornada que terá a súa saída ás 16.30 horas.

Xa están abertas as inscricións, ata o 11 de marzo, e lembran que as prazas son limitadas, así mesmo, pódese consultar o regulamento e a folla de inscricións na páxina web do evento.

Para máis información será necesario contactar coa organización no teléfono 661 195 654 ou nas súas redes sociais. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados.

II RALLY CONCELLO DE OUROL 2023 1