O 17 de xullo disputarase en Viveiro a segunda edición Copa de Tiro Olímpico

AMariñaXa
O 17 de xullo disputarase en Viveiro a segunda edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque
2 copa tiro olimpicoviveiro club san roque 2022 1
31 Maio 2022

O 17 de xullo disputarase en Viveiro a segunda edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da área de Deportes da Deputación.

A proba consistirá en tiradas de 100 platos máis unha final olímpica na que participarán os oito mellores tiradores. As incricións, que teñen un prezo de 50 euros, a están abertas a través de Whatsapp ao 616 933 646 ata o xoves 14 de xullo ás 19.00 horas. A organización estima que o torneo reunirá en Viveiro uns 60 participantes de Galicia e do Occidente asturiano.

O ano pasado fixeronse obras de mellora no campo de tiro viveirense, unha infraestrutura singular xa que é a única da provincia que dispón de foso olímpico e das poucas do noroeste peninsular – xunto ao das Pontes e Xixón- que dispón de dúas canchas para organizar competicións federadas.

As obras, que se executaron en dúas fases, incluíron a substitución da cuberta do foso olímpico e no acondicionamento do local social. Ademais, reformouse a entrada ao recinto para mellorar a súa accesibilidade.

0.18610596656799