O 14 de maio disputarase a III Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo en Viveiro
AMariñaXa
O 14 de maio disputarase en Viveiro a terceira edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque
19 Abr 2023
O 14 de maio disputarase en Viveiro a terceira edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da área de Deportes.
A proba consistirá en tiradas de 125 platos e será unha proba puntuable para ascensos Fegato. As incricións para participar na proba están abertas –a través de Whatsapp ao 616 933 646- ata o xoves 11 de maio.
Haberá premios económicos para os 4 primeiros clasificados, e despois premios en material deportivo para os 40 primeiros.
A organización estima que o torneo reunirá en Viveiro uns 60 participantes de Galiza e do Occidente asturiano.