Nova edición do Déporcampus de Viveiro
O Concello de Viveiro acolleu a presentación dunha nova edición do Déporcampus, que se celebrará do 4 ao 8 de xullo.
Na presentación participaron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de Deportes; Francisco Vizoso Rojo, presidente do Viveiro SD, e Pablo Barros, do RC Deportivo, coordinador dos Déporcampus.
Está organizado polo RC Deportivo e o Viveiro SD, coa colaboración do Concello de Viveiro. O campus é para nenos de 6 a 14 anos e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño ás 12:00 horas.
“Debemos impulsar e colaborar con este tipo de iniciativas, que fomentan o deporte e impulsan a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán”, asegurou María Loureiro.
A inscrición realízase a través da página web oficial do RC Deportivo, no enlace.