Nova edición do campus de verán do Club Ximnasia Viveiro
AMariñaXa
Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos que practiquen ou non ximnasia rítmica
1 Xuño 2023
Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos que practiquen ou non ximnasia rítmica. Realizarase no pavillón municipal, no parque Pernas Peón e na praia de Covas.
Será do 3 ao 28 de xullo e ten un prezo por semanas e desconto por irmáns. O horario será de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e contará con servizo de madrugadores gratuíto de 9.00 a 10.00 horas.
Ademais, haberá actividades de baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos, manualidades... e moita diversión.
Hai prazas limitadas polo que compre anotarse antes do 30 de xuño no correo campuscxviveiro@gmail.com ou chamando ao 605 568 592.