Nova edición da Escola de Familias de Barreiros

AMariñaXa
O Concello de Barreiros, a través do seu programa +Igualdade Barreiros organiza a segunda edición doa Escola de Familias
familia
6 Feb 2023

O Concello de Barreiros, a través do seu programa +Igualdade Barreiros organiza a segunda edición doa Escola de Familias baixo o lema “ Educa, acompaña e alenta”. Estes obradoiros queren dar continuidade ao traballo comezado o pasado ano coas familias e que foi enormemente útil e satisfactorio para elas.

A Escola de Familias é un proxecto educativo baseado na Disciplina Positiva e que se centra na idea de formar ás familias e docentes para educar mellor ás crianzas, apostando por un trato respectuoso e amable pero evitando a permisividade.

A Concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, explica que nesta segunda edición dos obradoiros poderán participar tamén as crianzas das familias inscritas de xeito que , por unha banda  tentaremos introducir métodos vivenciais para que as familias entren no mundo das e dos nenos para que descubran o que pensan, senten, deciden e o que realmente funciona, e por outra banda que as crianzas participen nas actividades que traballan as persoas adultas logrando así que adquiran un sentimento de colaboración e contribución.

OBRADOIROS.

Os obradoiros comezan o sábado 25  de febreiro, de 11 a 13 horas e desenvolveranse no Centro Social de San Cosme  os últimos sábados de cada mes  cun total de catro sesións. Comezamos o sábado 25 de febreiro, de 11 a 13 horas, cunha primeira sesión  adicada ao “Mal comportamento”. Posteriormente, o sábado  25 de marzo a temática será o “Establecemento de límites”. A terceira sesión será o sábado 29 de abril e falaremos de “Relacións entre irmáns”. Remataremos esta segunda edición da Escola de Familias abordando o tema “Relacións entre iguais” o sábado 27 de maio.

Segundo explica a alcaldesa, Ana Ermida, seguimos a apostar por unha educación igualitaria, respectuosa e alentadora que axude ás crianzas a adquirir habilidades  sociais e para a vida, estimulándoos para que descubran as súas capacidades e axudándoos a desenvolverse como persoas independentes, responsables, solidarias e empáticas.

Desde a Concellería de Igualdade, Montse Porteiro, anima ás familias a que participen destes obradoiros porque formarnos en disciplina positiva axuda ás familias a comprender as necesidades das e dos nenos nos  distintos momentos da súa vida para que cheguen a ser adult@s  traballadores, con boa autoestima e sobre todo felices.

barreiros cartaz escolas de familias
0.20196413993835