Nova edición da Carreira Popular de Viveiro do día 31 de decembro

AMariñaXa
O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro en colaboración co Concello e a Deputación organizan a tradicional carreira popular do 31
san silvestre 2019 viveiro 1
san silvestre 2019 viveiro 1
21 Dec 2022

O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro en colaboración co Concello e a Deputación organizan a tradicional carreira popular do 31 de decembro Memorial Julián Bernal.

Esta proba deportiva dará comezo ás 16.00 horas coas carreiras de categorías de menores, para despois ás 17.00 comezar a carreira absoluta de 4 quilómetros.

A saída e a meta estará situada na praza Maior, e as inscricións poderán facerse ata o 28 no email egovarros@gmail.com ou no teléfono 982 59 81 60. O custe da inscrición é de 5 euros para a carreira absoluta, pois a dos menores é gratis.

Os tres primeiros nenos participantes de cada categoría recibirán unha medalla conmemorativa da carreira e na absoluta haberá agasallo para os primeiros clasificados que consistirán nun lacón para os primeiros, un queixo para os segundos e unha ristra de chourizos para os terceiros.

0.071752071380615