Nos vindeiros días rematarán as obras de ampliación do hangar de piragüismo do Club Altruán de Ribadeo

AMariñaXa
Nos vindeiros días rematarán as obras do hangar de piragüismo na praia dos Bloques. os traballos, que supoñen máis de 75.000 euros
furgoneta cp altruan ribadeo
17 Xuño 2023

Nos vindeiros días rematarán as obras de ampliación do hangar de piragüismo na praia dos Bloques.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, lembrou que “os traballos, que supoñen un custe de máis de 75.000 euros, deron comezo despois de Semana Santa e agora están a piques de concluír. Desde o equipo de goberno agardamos que con esta necesaria e importante obra as rapazas e os rapaces do Club Altruán conten cuns vestiarios e unhas instalacións dignas e máis cómodas para a practica deste deporte, que tantos éxitos está a conseguir para Ribadeo”.

Ata o hangar de piragüismo se desprazaron os concelleiros de Obras, Economía e Cultura, Mónica Freire, Pablo Vizoso e Pilar Otero, que estiveron acompañados polo presidente do Club Altruán, José Ángel Fernández.

Freire Rancaño subliñou que “esta obra foi posible grazas ao convenio asinado entre a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. O Club Altruán tamén recibiu unha achega da Área de Mocidade para a adquisición dunha furgoneta destinada aos desprazamentos dos seus deportistas. Esta foi outra demanda plantexada hai tempo e á que lle quixemos dar resposta en canto puidemos. En total estamos a falar duns investimentos de máis de 100.000 euros”.

0.13172292709351