Nordés Faladora recada máis de mil euros coa súa Andaina Solidaria

AMariñaXa
Aos máis de 50 camiñantes, que pagaron entre 10 e 15 euros para participar, uníronse preto de 30 donantes
nordes-reunion-asociacion
25 Jul 2024

Nordés Faladora valora positivamente os resultados da Andaina Solidaria celebrada o sábado pasado 20 de xullo en colaboración co concello de Mañón. Aos máis de 50 camiñantes, que pagaron entre 10 e 15 euros para participar, uníronse preto de 30 donantes a través do "dorsal 0", o que levou a acadar algo máis de 1.000 euros que serán entregados a unha ONG ou institución que traballe a prol da infancia de Gaza tal e como estaba anunciado.

Nordés quere agradecer a toda a xente que participou dunha forma ou outra a súa solidariedade, así coma ao concello de Mañón a súa colaboración desinteresada e necesaria para que todo saíra ben, ademais da súa aportación en forma recursos materias, humanos, xunto con auga e agasallo dunha bolsa que foron entregadas xunto cos dorsais dos que saíron da praza do Mesón do Barqueiro para facer a ruta que nun principio ía ser de 5 quilómetros, pero que remataron sendo 7 unha vez que ser percorreron algunhas das rúas do pobo aproveitando que o día estaba para camiñar.

0.14845895767212