Música, festas populares, gastronomía e danza encherán Foz esta fin de semana

Foz afronta unha intensa fin de semana de actividades culturais e festivas cunha programación que se desenvolverá entre o venres 10 e o domingo 12 de xullo en distintos puntos do municipio.
A programación arrancará o venres ás 21.00 horas coa celebración dunha nova cita do ciclo Sons na Rúa, que levará ata a Praza Rosalía de Castro a actuación do grupo Diavolinos.
Ese mesmo día darán comezo as Festas de Santa Cecilia, tamén coñecidas como Festas do Carme, que se prolongarán ata o domingo. O programa inclúe churrascada, chourizada, sesións vermú, música e verbenas durante as tres xornadas festivas.
O sábado 11 de xullo será unha das xornadas con maior actividade. Desde as 19.00 horas, o Paseo da Ribeira acollerá unha nova edición de Sardiñasss '26, mentres que media hora máis tarde, ás 19.30 horas, o Paseo da Rapadoira e o Pradón de Ramos serán escenario dunha nova cita do Festival Abanea: Danza e Movemento, dedicada ás artes do movemento.
A fin de semana rematará o domingo 12 de xullo coa última xornada das Festas de Santa Cecilia. A programación inclúe misa solemne, sesión vermú, tardeo e diferentes actividades dirixidas ao público infantil, pechando así tres días de celebración no municipio.