Motoreo A Pontenova organiza esta fin de semana unha reunión moteira e unha gala de maxia

AMariñaXa
A organización da Baixada das Carrilana da Pontenova informou de que a celebración deste ano non será posible debido as vindeiras eleccións
Festival maxia sarria5
31 Ago 2023

Motoreo A Pontenova organiza para o vindeiro 2 e 3 de setembro unha reunión moteira e unha gala de maxia.

Esta xuntanza comezará ás 9.00 horas con almorzo e a entrega de obsequios na casa da cultura, que dará paso á saída da ruta mototurística con parada e consumición en Oscos e volver ata A Pontenova ao vermú a cargo de DJ Bombardero. Ao rematar haberá un xantar na praza dos Fornos servido polo Lar de Balbina.

Xa ás 19.30 horas será a actuación de maxia de Edu el Mago, e máis tarde haberá actuación polos locais de hostalaría. Despois será a cea e a festa con DJ Bombardero e Puzzle animación.

Na xornada do 3 de setembro haberá unha actuación do Mago Iago na praza dos Fornos, sesión vermú, e a presencia dos magos Joel de Cuba, Dania Díaz e o Mago Lolo. Pola noite será a esperada gran gala de maxia na casa da cultura.

Nestes dous días estarán sacando sorrisos á xente Eduardo El Mago, Dania Díaz, Mago Joel de Cuba, Mago Iago e o Mago Lolo.

Todos aqueles que queiran xantar ou cear terán que recoller os tickets no Lar de Balbina, café bar Barreiros ou na organización 617 935 556.

pontenova setembro maxia 2023
0.185711145401