Monouliuos Dop e Cozorellos Salvaxes levan a festa de Correlingua a Foz

AMariñaXa
O pavillón Torques de Marzán será o espazo no que se celebrará a festa do Correlingua en Foz, unha festa une humor e lingua
correlingua foz 1
23 Nov 2021

O pavillón Torques de Marzán será o espazo no que se celebrará a festa do Correlingua en Foz, unha festa que, como en anos anteriores, une humor e lingua tendo en conta as particulares condicións desde a aparición da pandemia. A festa terá como protagonistas a os Cozorellos Salvaxes e a Monoulius DOP, que xa teñen participado en anteriores edicións do Cantalingua e do Correlingiua.

Ademais dos dous grupos, no pavillón estará presente alumnado e profesorado do CPR Martínez Otero, e dos CEIP Pedro Caselles, O Cantel, Foz nº 1, e dos IES Monte Castelo e Illa de Sarón. En total, participarán da festa en foz máis de 300 rapaces e rapazas da contorna focense, que o farán polo sistema de aula burbulla para garantir as medidas sanitarias. Neste segundo ano de Correlingua baixo a pandemia, os concertos poden ser seguidos en streaming desde o You Tube de Correlingua.

Tamén participarán nesta festa Francisco Xavier Fanego, concelleiro de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e Mar de Foz; e Mónica Freire Rancaño, deputada provincial responsable da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade,

correlingua foz
0.19177889823914