Mondoñedo volve coa XII Xuntanza Cantos de Taberna

AMariñaXa
O evento, organizado por Gaita Escola, conta coa colaboración do Concello, da Deputación de Lugo e a asociación O Pasatempo
cantos-de-taberna-mondoñedo
13 sep 2024

De novo, Mondoñedo será epicentro da música e da tradición da man dunha nova edición dos seus Cantos de Taberna. A cita, que chega a súa décimo segunda convocatoria, terá lugar este sábado 14 de setembro. O evento, organizado por Gaita Escola, conta coa colaboración do Concello, da Deputación de Lugo e a asociación O Pasatempo.  A xuntanza coincide de novo coas festas patronais da vila, polo tamén é unha boa escusa para facer chegar xente ao concello nunha xornada que estarán habituais do encontro así como outros novos grupos que apostan por sumarse á iniciativa.

O programa comezará ás 17.30 horas cun obradoiro de baile. Despois darán paso aos cantos de taberna que terán lugar en 11 establecementos. Este ano os locais que participan son A Taberna da Galiana, A Taberna da Valeco, Abadía, Bar Castro, Bodegón A Catedral, Faragullas, O Palique, O Petisco, O Porriño, O Rei das Tartas, O Rincón de Mondoñedo e Vinoteca Segundo. A gastronomía local tamén terá o seu espazo no programa cuns pinchos que ofrecen a todos os participantes seguir pola noite cunha foliada aberta.

0.20191192626953