Mondoñedo promocionase a través dunha comunidade de usuarios en Internet
O orzamento para esta comunidade de usuarios é de preto de 15.000 euros e contará con páxina web, redes sociais e aplicación propia para dar visibilidade e chegar ao máximo alcance posible de xente.
O Concello de Mondoñedo da un paso máis no seu programa de turismo, no marco do Plan Único de 2022, coa contratación dunha comunidade de usuarios de fala hispana en Internet para a promoción turística de Mondoñedo como destino de vacacións. Esta actividade, que conta cun orzamento preto de 15.000 euros, realizarase tanto na web da empresa contratada como na súa aplicación propia e nas súas redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter, Twitch).
O funcionamento desta actividade será a través de contidos que serán recomendados polos propios viaxeiros da comunidade de internet que estiveron de visita en Mondoñedo. A propia empresa levará a Mondoñedo a un equipo de viaxeiros a vivir unha experiencia no destino para posteriormente documentala e compartila en diferentes medios e redes co obxectivo de que sirvan de inspiración a futuros visitantes. Desta forma, cóntase cunha plataforma na que as recomendacións reais das persoas que xa estiveron no destino sirvan de inspiración para provocar a visita doutros viaxeiros.
Por outra banda, desde o goberno local destacan o importante labor que se está facendo na promoción turística con este tipo de iniciativas con tanto éxito. Neste sentido, a empresa contratada para facer esta aplicación foi a mesma que trouxo bloggers a Mondoñedo durante as festas de As San Lucas para darlle visibilidade a unha festividade que é a máis lonxeva de Galicia.
Máxima visibilidade
O obxectivo é aproveitar a visita destes viaxeiros para darlle unha máxima difusión á diferente oferta turística de Mondoñedo. Ademais, esta comunidade turística de viaxeiros interactúan máis de 50 millóns de persoas para organizar as súas viaxes e planificar as próximas. Gracias a esta plataforma outro dos obxectivos será chegar a 2 millóns de usuarios únicos que se conseguirán por medios das impresións que se dará á actualización do contido que se vai a realizar.