Mondoñedo prepárase para correr nunha nova edición da súa proba de Nadal
AMariñaXa
Mondoñedo prepárase para correr o 31 de decembro nunha nova edición da súa proba de Findeano, que chega a segunda edición
13 Dec 2021
Mondoñedo prepárase para correr o 31 de decembro nunha nova edición da súa proba de Findeano. Está organizada pola asociación xuvenil Mondoñedo en colaboración co Concello e celebrarase a partir dás 16.30 horas.
A saída desta proba farase desde a praza da catedral, e percorreranse 4 quilómetros. Para poder participar é necesario inscribirse na web antes do 27 de decembro.
O prezo da carreira é de 7 euros e os beneficios irán destinados a Asociación Contra o Cancro. Ademais haberá premios como noutras ocasións.
Para máis información hai que poñerse en contacto no 680 783 435.