Mondoñedo e Meira acollerán as finais provinciais de fútbol sala infantil e alevín

TerraChaXa | AMariñaXa
Mondoñedo e Meira acollerán a fin de semana as finais provinciais de fútbol sala do Xogade das categorías benxamín, alevín e infantil.
finais futbol sala xogade mondonedo e meira portada
11 Maio 2023

As localidades de Mondoñedo e Meira acollerán esta fin de semana as finais provinciais de fútbol sala do programa Xogade das categorías benxamín, alevín e infantil.

O primeiro que se celebrará será o dos infantís, en Meira, no pavillón municipal. Será o sábado, ás 11.30 coa semifinal entre os dous equipos das EDM de Chantada. Ás 12.30 horas será a vez do Fonsagrada e a EDM Láncara. Pola tarde disputarase primeiro o partido polo terceiro posto entre os perdedores e ás 17.00 está prevista a final, seguida da entrega de premios.

O domingo será en Mondoñedo onde se fará a competición en alevín. Pola mañá disputarán as semifinais Xove e Guitiriz primeiro e Foz e Outeiro de Rei despois. Entre medias xogarán os benxamín, os duelos Guitiriz-Outeiro de REi e Fonsagrada-Foz.

Pola tarde xogarán tamén polo terceiro posto e a final en ambas as dúas categorías.

finais futbol sala xogade mondonedo e meira
0.2082998752594