Mondoñedo convértese no epicentro do deporte co Toxiza Gran Trail 2025

AMariñaXa
Un evento con diversas probas para desfrutar da modalidade deportiva de montaña
mondonedo-trail
15 Jan 2025

O vindeiro 5 de abril de 2025, Mondoñedo converterase no epicentro do deporte de montaña coa celebración do Toxiza Gran Trail, un evento organizado polo Clube de Montaña Toxiza, que ofrecerá diversas modalidades para todos os niveis e preferencias.

Os participantes poderán elixir entre as seguintes probas: Ultra, maratón, trail, minitrail e andaina. A esixencia é diferente para cada unha dependendo do nivel de experimentación e preferencias.

O Toxiza Gran Trail enmárcase nun enclave natural e combina o deporte a aventura, sendo unha cita imprescindible para os afeccionados ao trail running e á montaña.

0.17460203170776