Mondoñedo converterase en escaparate do motor clásico coa 12ª Xuntanza de Clásicos

AMariñaXa
A cita, organizada pola Asociación Móvete Mondoñedo “Mira e Anda”, celebrarase o 20 de xuño e reunirá vehículos históricos e afeccionados de distintos puntos
Clasicos-cidade-Mondonedo-
25 Jan 2026

A cidade de Mondoñedo volverá ser punto de encontro para os amantes do motor clásico o vindeiro 20 de xuño de 2026, coa celebración da 12ª Xuntanza de Clásicos. O evento, organizado pola Asociación Móvete Mondoñedo “Mira e Anda”, consolidouse ao longo dos anos como unha cita destacada no calendario de concentracións de vehículos históricos da comarca.

Aínda que a organización non fixo público polo de agora o programa detallado desta edición, desde a asociación adiantan que manterá unha estrutura similar á doutras convocatorias anteriores, cunha proposta pensada tanto para os participantes como para o público que se achegue a desfrutar do ambiente.

A xornada acostuma comezar coa recepción e inscrición dos vehículos, un momento no que se entregan os tíckets para a comida e no que non faltan os pinchos de benvida nin os primeiros sorteos de agasallos. A continuación, os coches clásicos toman as rúas e estradas da contorna nunha ruta conxunta, permitindo contemplar en movemento auténticas xoias do automobilismo.

Tras o percorrido, participantes e acompañantes comparten mesa nun xantar de convivencia que serve tamén para reforzar o carácter social da xuntanza. O remate da comida adoita reservarse para a entrega de premios e un novo sorteo de regalos, pechando así unha xornada marcada pola paixón polos vehículos históricos e o bo ambiente.

PROGRAMACIÓN

⚙ Configurar cookies
0.12741994857788