Mindonienses en Bos Aires

AMariñaXa
X.
14 ene 2023

X. Isidro Fernández

No “Eco de Galicia n.º 429” se di: “Romería fué, en efecto, la que hicieron en un hermoso rincón del bosque de Palermo... algunos distinguidos hijos de Mondoñedo el día trece del corriente” Formaban parte do banquete D. José M. Miranda, D. Claudio Trigo, D. Joaquin Serrano, D. Pastor Mancebo, D. Aniceto Saavedra, D. José R. Sánchez, D. Andrés Mancebo, D. Jesús Barreiro, D. Ramón Díaz Portas, D. Antonio Mancebo, D. Justo Mancebo, D. Gervasio Rey, D. Jacinto Baamonde, D. Francisco Barro, Eugenio Otero, Francisco Otero, D. Antonio Fernández e D. Manuel López, adheríndose por un despacho telegráfico D. Alfredo Leiras, residente no pobo Xeneral Villegas.

O menú foi: “ Esmorga que fixeron un’s poucos fillos d’a Paula, festexando o día da nosa Señora d’os Remedios n’a ciuda de Buenos Aires o día 13 de Setembro de 1903.

Parua- Tonikina; A’s once- Mantecados con viño branco; Almorzo- fiambres surtidos (á o Avelino Louro), Pote de cimós, galiñas é cocho (á o Ladislao Louro); Lacoada (a o Canina); Empanadas de Pitos (ó estilo de Triana); Tortillas (ó Folgueira Rasa); Asado (á o Buenos Aires); Postres – Queixo (forma Pico do Padornelo), Frutas surtidas (de Reigosa é Pataquiñas); Viño do Riveiro, Café (á o Verdugo); Cigarros (á o Pascual Teino).”

Todo elo foi amenizado pola música de Fanoy e o servizo a cargo de Cazoliñas. Houbo fogetes, fogos artificiais, música na rúa, baile e globos estes con inscricións una das cales decía: “¡Viva Mondoñedo!”.