Milio foi o gañador do Aberto de billarda do Minho

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
En donas dominio de Castiñeiro con Vanesa e Cris por diante de Alba e dobre empate nos infantís
billarda-nadela-aberto-do-minho
26 Nov 2024

Por Daniel Rodríguez Saavedra

O día ventoso non amedrentou os bravos palanadores que deron o mellor de si en cada golpe da billarda esta fin de semana no Aberto do Minho no campo de Nadela.

E mentres todos agardábamos o desenlace do “grupo da morte”, noutros campos decidíanse os gañadores da xornada. Así Milio con 23 puntos foi o gañador e Félix, con 22, segundo. O terceiro posto saíu dun desempate entre Albino, Chousa e Sachas. O mellor foi Chousa.

En donas dominio de Castiñeiro con Vanesa e Cris por diante de Alba.

Diego e Mateu compartiron o primeiro chanzo dos infantís e Antía e Mateo tamén compartiron o segundo posto.

En canto a equipos, estréanse no podio os Carabullo por diante de Billardeiros Musicais e Troitas Bravas.

As clasificacións quedan deste xeito:

Absoluta:

  • 1º Sachas (Troitas Bravas) 106 p.
  • 2º Félix (Billard. Musicais) 95 p
  • 3º Daniel (Billard. Musicais) e Chousa (Billarda verde) 93 p.

Donas:

  • 1ª Alba (Troitas bravas 76 p.
  • 2ª Geni (Billard. Musicais) 54 p.
  • 3º Aroa (Billard. Musicais) 52 p.

Infantil:

  • 1º Diego (Madia Leva) 79 P.
  • 2º Mateu (Madias Leva) 76 P.
  • 3ª Mateo (Troitas Bravas) 46 P.

EQUIPOS:

  • 1º BILLARDEIROS MUSICAIS 385 p.
  • 2º TROITAS BRAVAS 385 P.
  • 3º CARABULLO 349 p.

O próximo encontro será en Ribadeo, pero xa para o ano que vén.

0.16015195846558