Mercado popular, carreiras federadas e música: a Feira das Maulas de Galdo, en Viveiro, xa ten programa

AMariñaXa

A asociación Cabaleiros do Landro de Viveiro, colectivo organizador das carreiras de cabalos no municipio, presenta o programa completo da Feira das Maulas de Galdo, que organizan por primeira vez.

19 abr 2024

A asociación Cabaleiros do Landro de Viveiro, colectivo organizador das carreiras de cabalos no municipio, presenta o programa completo da Feira das Maulas de Galdo, que organizan por primeira vez. A cita, que ten máis de tres séculos de historia, será o vindeiro 12 de maio e comezará ás 10.00 horas co mercado popular e feira de gando.

A partir das 11.00 horas comezarán as probas de Andadura Federada e xa a partir das 14.00 horas os asistentes poderán gozar da sesión vermú co Trío La Noche. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, continúan as carreiras federadas. Ademais, organizarase un partido de fútbol do Celeiro Club del Mar contra Novas Ráices de Galdo.

Pola tarde seguirá a festa co Trío La Noche farán entrega dos premios do maior número de cabezas vacún e maior número de cabezas equino. Cada un deles todo con 100 euros. Os interesaods en reservar curro para a Feira de Gando poden poñerse en contacto con David a través do 697 361 554 ou do 627 540 684.

Esta tradicional Feira de Galdo sempre foi organizada pola asociación de veciños, coa colaboración do Concello de Viveiro, para a cal “o Concello achegaba uns 7.000 euros, xa que non era posible asumilo por parte da asociación de veciños”, sinalan dende o Goberno local. E nesta ocasión o Concello de Viveiro tampouco podía asumir a súa organización e finaciamento.

Como dixeron os Cabaleiros do Landro "facémolo para que as tradicións non se perdan, para que todos podades desfrutala un ano máis". A Feira das Maulas naceu como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.

https://galiciaxa.com/2022/09/amxa/sec-amxa/dep-amxa/170823/

https://galiciaxa.com/2023/07/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/220408/