Memorable fin de semana para as Escolas deportivas de Lourenzá

AMariñaXa
As Escolas de Lourenzá participaron en Lugo nun novo campionato autonómico onde acadaron un novo título autonómico
escolas lourenza 2021
6 Xul 2021

As Escolas de Lourenzá participaron en Lugo nun novo campionato autonómico onde competiron as categorías cadetes e xuvenis. Destacaron Fernando Vallines Fernández como Campión autonómico en peso xuvenil de 13,30 metros; Iria Rodríguez Ares, que acadou un bronce en 600 lisos con 1,43,66 minutos; e Guillermo García Arruñada conseguiu outro bronce en disco con 24 metros.

Ademáis debutaron Carmen García Vázquez nas combinadas hexatlón cadete, logrando ser a cuarta de Galicia a escasos puntos do pódium con mellor marca personal en altura, vallas e lonxitude. E tamén completou con xavelina, peso e 600 lisos.

Competiron tamén Alba Lorigados en 100 lisos, Ian Méndez en 300 valados, xavelina; Iria Otero en 3000, Lourdes García en 3000, Marta Rivas en 600 e  Alberto Ratoeira en 400 vallas.

1 escolas lourenza 2021
0.10186409950256