Melloráronse diversas vías en San Acisclo e Santa Cilla, en Foz

Foz
AMariñaXa
Ademais, está prevista a mellora de firme tamén con rega asfáltica de algo máis de 350 metros dunha vía en Vilatuixe
melloras-de-vías-Foz
melloras-de-vías-Foz
11 Xuño 2024

O Goberno local de Foz dá conta dunha serie de melloras das vías do municipio, concretamente en San Acisclo e Santa Cilla.

Así, en San Acisclo, aglomerouse o vial que une Raúlfe coa estrada LU-152 Foz-Ferreira, mellorouse a drenaxe neste camiño con dúas novas taxeas e o formigonado de algo máis de 25 metros de cuneta e realizaron o aglomerado en quente de 620 metros de vial, ancheando dúas curvas para facilitar a circulación e rematamos a obra con nova sinalización vertical e horizontal.

Pola súa parte, en Santa Cilla, concretamente no barrio de Trasmonte, renovouse cun dobre tratamento superficial con rega asfáltica o firme en 2,4 km de camiños, que constitúen o entramado viario neste núcleo e melloraron o firme nuns camiños que sofren moito desgaste pola saca de madeira.

Ademais, está prevista a mellora de firme tamén con rega asfáltica de algo máis de 350 metros dun vial en Vilatuixe, na parroquia de Santa Cilla.

0.1767270565033