Melloran os camiños nas parroquias de Trabada e Vidal
O Concello de Trabada comeza dúas obras nas parroquias de Trabada e Vidal. En concreto, trátase de dúas intervencións na zona de A Penela, na parroquia de Trabada, e no Val das Eguas, en Vidal, cun importe total de 55.000 euros. “Con estas actuacións damos comezo ás obras deste plan, co que conseguiremos mellorar os nosos camiños municipais”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.
Ambas dúas actuacións pódense levar a cabo gracias a que se conseguiron dúas subvencións solicitadas polo concello no marco do Plan de Mellora de Camiños da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). “Continuamos con actuacións en diferentes parroquias do noso concello, mellorando Trabada con novos proxectos e actuando en todo o territorio”, remata Rubén García.