Medallas para o atletismo da Mariña no Campionato galego Sub18 ao aire libre
O atleta ribadense Brais Díaz Salas que milita nas filas do Club Atletismo Narón, participou na xornada deste domingo 22 de maio no Campionato Galego Sub18 de atletismo ao aire libre. Dito campionato celebrouse nas pistas do Centro de Tecnificación deportiva de Pontevedra.
Brais participou nas disciplinas de lanzamentos de xavelina e peso acadando uns excelentes resultados, unha medalla de prata e outra de bronce.
A primeira hora da mañá competía en xavelina, onde subiría ó segundo caixón do podiu colgándose a medalla de prata. Os seus respectivos lanzamentos foron de X-37,17-X-33,42-40,74-X metros o que o levaría así mesmo a establecer a sua mellor marca persoal na disciplina.
Este concurso foi gañado polo atleta Daniel Loureiro da Atlética a Silva, completando o podiu como medalla de bronce, Alfonso Labella do CA Millaraio.
Xa avanzada a tarde, tocaba o lanzamento de peso, onde Brais rendiu a bo nivel acadando a medalla de bronce. Os seus lanzamentos foron 12,32-12,56-X-X-12,28-X, achegándose moito á sua mellor marca persoal.
O podio completárono Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá como medalla de ouro e Jesús González da Atlética Val Miñor.
Con este campionato e no que vai de temporada, Brais acumula a nivel individual unha medalla de prata e dous de bronce a nivel galego, sendo atleta de primeiro ano e só superado por atletas máis veteráns.