Maxia, música e contacontos no Mercado de Nadal de Cervo

AMariñaXa
A Sala de Exposicións de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal.
mercado nadal sargadelo cartel viejo 1
mercado nadal sargadelo cartel viejo 1
16 dic 2021

A Sala de Exposicións do Complexo Histórico e Artístico de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal.

O mercado, organizado polos tres negocios artesáns afincados no conxunto histórico, conta coa colaboración do Concello de Cervo, o Bar Figueirido, o Ultramarinos A Campanilla, O Caseto de Copa e a Pousada O Almacén.

A xornada contará con diferentes actuacións culturais que comezan, ás 11:30H, coa percusión  africana de Mapato. Ás 12:15H será a quenda para a contacontos Olga Abad e ás 13:15H Verónica Cambón ofrecerá un concerto para todos os asistentes.

Xa pola tarde, Mapato volverá a mostrar as súas dotes coa percusión africana ás 16:00; ás 17:00 o mago Jorge maravillará a todos os presentes cos seus trucos e ás 17:30 Fol do Raxal pechará o programa de actuacións co seu repertorio de música tradicional. Como remate final, ás 19.00 haberá un sorteo de agasallos entre todos os presentes no mercado de nadal.

Apunta a concelleira de cultura, Dolores García Caramés: “con este evento conseguimos promover a actividade no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, e máis nunhas datas tan especiais como as navideñas”.

“Desde o Concello de Cervo animamos, tanto á veciñanza como aos visitantes, a gozar dunha xornada navideña do máis especial este próximo sábado en Sargadelos” engadiu.

mercado nadal sargadelo cartel viejo