Mateo Rubal, do Instituto IES María Sarmiento de Viveiro, gañou unha medalla no Euroskills

AMariñaXa
A Cidade da Cultura  acolleu un acto para recibir a tres rapaces galegos que participaron no campionato europeo EuroSkills que se celebrou do 5 ao 9 de setembro en Gansk (Polonia).
Mateo Rubal, do Instituto IES María Sarmiento de Viveiro 2023_euroskills_005x
20 sep 2023

A Cidade da Cultura  acolleu un acto para recibir a tres rapaces galegos que participaron no campionato europeo EuroSkills que se celebrou do 5 ao 9 de setembro en Gansk (Polonia).

Así, entre eles atópase Mateo Rubal Fanego  do IES María Sarmiento, Viveiro, quen se alzou coa medalla de bronce na modalidade de Soldadura.

Os outros tres gañadores foron María Emilia Piedra Iglesias do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e Sergio Martínez Calvar do CIFP Manuel Antonio, Vigo.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou o triunfo do alumnado galego no campionato como exemplo da potencialidade da FP na Comunidade.

O conselleiro subliñou a FP como “unhas ensinanzas que son sinónimo de prestixio, utilidade e confianza, cun incremento de máis do 70% no alumnado matriculado desde 2009”. Puxo en valor tamén a empregabilidade destas ensinanzas, como no caso destes tres titulados, que xa tiveron a oportunidade de inserirse no mercado laboral.

Palmarés noutras competicións

Os participantes nas EuroSkills teñen colleitado numerosos éxitos no ámbito destas competicións. Os tres foron medalla de ouro nas GaliciaSkills e nas SpainSkills. Ademais, participaron no certame mundial WorldSkills, onde Sergio Martínez obtivo a medalla de bronce, e María Emilia Piedra un diploma.

O conselleiro felicitou aos tres rapaces e agradeceulles o seu esforzo: “Son un exemplo non só para o alumnado de FP, senón para toda a mocidade galega”. Tamén salientou o labor e dedicación do profesorado, “que os acompaña tanto na súa formación como en todas estas competicións, desde o nivel galego, das GaliciaSkills, ata a competición estatal e mesmo en citas internacionais coma esta”, sinalou.

0.11704206466675