Martín Rodríguez, do Celeiro Club del Mar: “A nosa intentación é crear un equipo cadete esta tempada”
Por Ana Somoza López.
Martín Rodríguez é o adestrador do primeiro equipo do Celeiro Club del Mar e máis o que leva a dirección deportiva do club e o secretario do mesmo.
Como son os comezos do club?
Pois como club é un refundido porque o xa competiu nos anos 70 e despois desapareceu e no 2014 volvemos fundalo un grupo de amigos aos que nos gusta este deporte e ademais porque pensábamos que ao facer o campo de fútbol de Lavandeiras en Celeiro, se lle ía dar uso, malia que a día de hoxe nada de nada. Hai proxecto e hai convenio das institucións para facelos vestiarios e o peche perimetral pero a día de hoxe non se fixo .
Que se atopa na directiva?
A directiva foi cambiando nestes anos e agora somos máis persoas implicadas. Queremos ampliar tamén este equipo directivo pois cantos máis mellor. Así, entre xogadores, corpo técnico e directiva somos 30 persoas. E está formada por Iván Castro que é o presidente, Elena Martínez de vicepresidenta, Carla Rouco de tesoureira, Alejandro Martínez e David López de vogais, e eu, Martín Rodríguez como adestrador e director deportivo.
Cantas categorías teñen?
Tan só temos equipo sénior que milita na Terceira Autonómica Norte e levamos dúas temporadas quedándonos aí a nada de pelexar polo ascenso a Segunda. A nosa intención é a de crear un equipo cadete esta tempada, e veremos se podemos conseguilo.
Que obxectivos teñen para a vindeira tempada?
Para a temporada que vén o obxectivo é claro aínda que vai ser complicado. Gustaríanos ascender, pero nesta ocasión quedamos a un punto dos playoff de ascenso. Tamén haberá que facer algunha fichaxe que nos axude no obxectivo. Pero dende hoxe xa comezamos a traballar na temporada 23/24, na que xa cumpriremos dez anos e na que vamos arrincar con ilusión e forzas renovadas.
Teñen algunha necesidade como club actualmente?
Este ano vai ser a terceira temporada que xoguemos en Trasvías de Galdo, e estamos moi contentos con este campo pois hai grada e a xente ven moito aos nosos partidos, anima moito e fan ruxir Trasvías. Pero como veciños de Celeiro gustaríanos xogar no campo de Lavandeiras, esta claro, esperemos que sexa pronto senón, pero temos que dicir que en Galdo trátannos moi ben, pero estaría xenial vernos no campo de Celeiro con vestiarios, as pistas de atletismo e unha grada, e estou seguro que habería moita xente e poderíamos sacar fútbol base dende alevín.
Algún momento ou logro que lembre de forma especial ao longo destes anos?
O logro foi na temporada pasada a 2021-2022 na que o equipo so fixo 6 puntos na liga regular e despois na fase de ascenso quedou a un punto de conseguilo. Foi espectacular.