Marta Castro do club O Cembedo de Viveiro ascende ao podio no Campionato de España

AMariñaXa
Rematou na Estrada o Campionato de España Sénior de bádminton, despois de tres longas xornadas, onde se deron cita 329 xogadores chegados de toda España e que contaba con dous representantes do club O Cembedo de Viveiro.
o_cembedo_campionato_espana
6 May 2024

Rematou na Estrada o Campionato de España Sénior de bádminton, despois de tres longas xornadas, onde se deron cita 329 xogadores chegados de toda España e que contaba con dous representantes do club O Cembedo de Viveiro. Marta Castro conseguiu, xunto ca súa parella Dolores Sarmiento (Athlos-Ourense), o subcampionato na categoría de dobre feminino C1.

Por cuarto ano consecutivo, Marta ascende ao podio do Campionato de España tras ser bronce nos anos 2021 e 2022 e plata no 2023. En todas as citas formou parella con Dolores, o que a convirte nun referente do bádminton galego sénior, e lucense en particular, a nivel nacional.

0.18388199806213