Marta Castro do Cembedo de Viveiro participa no Campionato Europeo de Bádminton

AMariñaXa
O equipo español ten oito compoñentes galegos entre os que se atopa Marta, na súa segunda participación nun Campionato Europeo
marta-castro
26 Ago 2024

A xogadora do Club Bádminton O Cembedo de Viveiro, Marta Castro, forma parte do equipo español que participa no Campionato de Europa Sénior que ten lugar na cidade belga de Heusden-Zolder. Marta competirá en dúas categorías:  dobre femenino DF 50 formando parella con Dolores Sarmiento do club Athlos de Ourense, e tamén en dobre mixto DX 55, co seu compañeiro Javier López. O equipo español ten oito compoñentes galegos entre os que se atopa Marta, na súa segunda participación nun Campionato Europeo, eque hoxe debuta no partido de dobles femenino.

0.19405102729797