Mariña Gueimunde acaba de tomar posesión na Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Celeiro
AMariñaXa
Mariña Gueimunde acaba de tomar posesión no posto da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Celeiro
18 Jul 2023
Mariña Gueimunde acaba de tomar posesión no posto da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Celeiro e mantivo unha reunión de traballo co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Esta primeira toma de contacto serviu para abordar as principais liñas de traballo relacionadas co sector marítimo-pesqueiro, con especial fincapé naquelas cuestións que afectan á área da Mariña lucense.