María Loureiro di que “a humanización da rúa Porto de Celeiro é imprescindible"

AMariñaXa
María Loureiro: “A humanización da rúa Porto de Celeiro é imprescindible, xa temos o proxecto listo e as obras se realizarán cun convenio”
porto de celeiro Viveiro rua 2
porto de celeiro Viveiro rua 2
25 Maio 2023

"A humanización da rúa do Porto do Celeiro, unha renovación integral que inclúe a pavimentación e renovación dos servizos da rúa", será un dos principais proxectos do próximo mandato en Viveiro.

“Xa temos o proxecto listo, a actuación abarca unha zona moi ampla entre o tramo dende a Praza do Náufrago ata a Casa do Gardapeiraos”, explica María Loureiro, candidata socialista á reelección.

Finalmente será a Deputación de Lugo a que asine o convenio para levar a cabo esta rexeneración de toda a fronte marítima de Celeiro, cunha achega de 544.000 euros que se fará en dúas anualidades (2023 e 2024). “O 20% restante, uns 136.000 euros, serán aportados polo propio Concello de Viveiro”, engade Loureiro.

“Trátase dunha obra imprescindible para mellorar a mobilidade dos veciños e veciñas de Celeiro, humanizando a zona e renovando todos os servizos, pero conservando a súa esencia mariñeira”, remata Loureiro.

0.18498802185059