Mañá volve o Vivemar para os 171 alumnos dos centros educativos viveirenses

AMariñaXa
Mañá venres 25 volve o Vivemar para as escolas de Viveiro nas que 171 alumnos dos centros educativos do Concello
vivemar actividades 1
vivemar actividades 1
24 nov 2022

Mañá venres 25 volve o Vivemar para as escolas de Viveiro nas que 171 alumnos dos centros educativos recibirán aos proxectos Educación Azul e La España Azul no IES María Sarmiento para apostar polo mar como seña educativa.

Así, catro centros serán os encargados de apoiar as dúas iniciativas, o CEIP Santa Rita Galdo, o CPR Landro, o IES María Sarmiento e o CEIP Covas.

A programación para o encontro educativo comezará ás 10.00 coa charla de Nacho Dean no salón de actos do IES María Sarmiento. Xa ás 10.30 horas no parque Pernás Peón será a explicación da limpeza colectiva da praia de Covas coa formación por equipos, reparto de bolsas e luvas.

Máis tarde farase a recollida de residuos e probas para investigación na praia de Covas e despois será a categorización dos residuos e reflexión conxunta para continuar nas aulas no parque Pernas Peón.

Ás 13.00 farase unha presentación do proxecto Educación azul ao equipo directivo/profesorado dos centros de Viveiro, co obxectivo de formalizar a Red Nacional de Educación Azul de centros con sello azul, onde Viveiro será pioneiro. Interveñen: Asoc Prato_do, Equipos de Educación Azul, será na sala multiusos do Concello de Viveiro.

Nacho Dean está a capitanear a expedición científica y divulgativa navegando a vela por toda a costa de España baixo o lema de 'Explorar, Aprender y Proteger', e a súa primeira arribada en Galicia será en Viveiro.

Máis información na web www.vivemar.org, tanto da edición anterior como dos actos que continuarán na fin de semana.

vivemar actividades