Mañá será a festa de Entroido do Castelo de Alfoz

AMariñaXa
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organizará a festa de Entroido o vindeiro luns 20 de febreiro.
entroido alfoz 2023
entroido alfoz 2023
19 feb 2023

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organizará a festa de Entroido o vindeiro luns 20 de febreiro.

A celebración será no pavillón municipal e contará cun desfile de disfraces dotado con 1.500 euros en premios no que poderán participar nenos, adultos, charangas e haberá tamén dous premios especiais para comparsas e charangas.

As inscricións serán de xeito presencial o día do desfile a partir das 19.30 e ata as 21.00. Para inscribirse necesitarase un representante legal por cada grupo, que será o responsable de dito grupo.

As categorías do concurso serán individual, parellas (dúas persoas) e grupos (3 ou máis) tanto en infantil coma en adulto. Haberá unha categoría extra para comparsas e charangas.

A categoría infantil comprende idades ata os 15 anos (inclusive) . As parellas infantís deberán estar formadas por dous menores de 15 anos. No caso de grupos, considerarase infantil cando aprox. o 60% dos integrantes non superen os 15 anos. As persoas que desexen desfilar con música en concreto deberan aportala no momento da inscrición.

Os actos comezarán ás 19.30 horas coa apertura de inscricións e xa ás 21.00 horas comezará o desfile. Ao rematar haberá baile amenizado pola orquestra Compostela.

entroido castelo alfoz