Mañá será a carreira ViveiroBike Xtreme
Mañá será a carreira ViveiroBike Xtreme e que será puntuable como Campionato Galego de BTT-Maratón deste ano 2021.
Esta proba deportiva estaba prevista para o domingo 17 de outubro, mais tendo en conta a manifestación en defensa de futuro industrial para A Mariña prevista para ese mesmo día, a organización decidiu adiantar a competición á xornada do sábado.
“Viveiro é xa un referente para albergar eventos ao aire libre. O noso municipio acolle probas que atraen a milleiros de deportistas durante todo o ano, dando a coñecer Viveiro e a súa riqueza natural”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.
Esta proba terá dúas modalidades a corta de 45 quilómetros que será a marcha cicloturista e a longa de 65 que ademais terá tamñen o campionato de Galicia.