Mañá poderanse mercar as entradas para o trofeo Emma Cuervo ribadense

LugoXa | AMariñaXa
Ribadeo acolleu a presentación do 70º Trofeo Emma Cuervo, que se celebrará o vindeiro 31 de xullo organizado polo Ribadeo FC.
enma cuervo 70 ribadeo
29 Xul 2021

As entradas para o 70º Trofeo Emma Cuervo, que se celebrará o vindeiro 31 de xullo poderán mercarse a partir do venres 30 de xullo no propio campo de fútbol.

As localidades estarán a disposición o venres de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas e o propio sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas.

O torneo disputarase, o vindeiro 31 de xullo, no estadio Pepe Barrera e este ano estrea como trofeo unha reprodución da Torre dos Moreno de 60 centímetros de alto deseñada e fabricada por Sargadelos. 

Con este torneo poderase dar continuidade durante tantos anos a esta cita deportiva tan senlleira, e que nesta edición contará con dous equipos de elite, o Real Oviedo e o CD Lugo.

Ademais, o 14 de agosto disputarase a primeira edición do Emma Cuervo Feminino, entre o Real Oviedo e o Athletic de Bilbao, este último equipo na Primeira División do fútbol feminino.

0.19237184524536