Mañá haberá un punto de información de igualdade no mercadillo de Foz

Foz
AMariñaXa
Mañá, 29 de xuño, Bumei estarán no Mercadillo de Foz na praza do Conde Fontao onde instalarán un punto de información sobre igualdade
bumei mercadillo igualdade foz 2021 1
bumei mercadillo igualdade foz 2021 1
28 Xuño 2021

Foz móvese pola igualdade. Este é o lema da campaña informativa e de sensibilización organizada polo Concello de Foz e Mujeres en Igualdade Provincial de Lugo- BUMEI no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Xa se instalaron diversos carteis en edificios públicos, paneis informativos e establecementos do centro urbano de Foz, Nois, Cordido, Cangas, Fazouro, San Martiño, Vilaronte, Santa Cecilia e San Acisclo nos que se aposta polas relacións sas e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

O vindeiro martes 29 de xuño instalaremos un punto de información no Mercadillo semanal de Foz (Praza do Conde Fontao) para informar, concienciar e sensibilizar á poboación sobre as distintas formas de violencia contra as mulleres. Alí distribuiranse distintos artigos e materiais de sensibilización da campaña, como pulseiras, chapeus ou mochilas, ademais de guías de sensibilización e folletos.

Tamén realizaremos unha enquisa anónima a pé de rúa ás persoas que acudan ao mercadillo para realizar un estudo posterior que permita coñecer o grao de coñecemento e implicación contra as violencias machistas.

O persoal da asociación informará na carpa, ademais, das distintas medidas contempladas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, asesorará, resolverá dúbidas e indicará como solicitar máis información.

bumei mercadillo igualdade foz 2021
0.17968416213989