Máis de medio centenar de persoas participaron no II Torneo de Bridge do Valadouro

AMariñaXa
Máis de medio centenar de participantes citáronse no II Torneo de Bridge celebrado no hotel Vila do Val do Valadouro
torneo bridge valadouro
torneo bridge valadouro
24 oct 2022

O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro acolleu os días 14 e 15 deste mes o II Torneo de Bridge, organizado polo Club de Bridge Ciudad de Lugo.
Neste torneo participaron 29 parellas chegadas desde diferentes puntos da xeografía española como Asturias, Cantabria, Castela-León e Galicia, ademais do país veciño Portugal.

Os gañadores foron Germán Vázquez-Pimentel e Pancha Novo. Os segundos clasificados foron Ana García e Marta Nogueira. E o terceiro posto leváronllo Susana Riveiro e Álvaro Sánchez-Monge.

O evento foi organizado polo Club Bridge Cidade de Lugo desde onde sinalaron que “a finalidade é dar a coñecer a comarca da Mariña a través de bridge, así como este xogo que é universal”. Os asistentes aproveitaron a fin de semana para realizar visitas á Torre do Mariscal Pardo de Cela e á Basílica de San Martiño de Mondoñedo.

A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, agradeceu aos organizadores que “elixisen por segunda vez o noso hotel para a celebración deste torneo. Esperamos que gozasen do xogo e da súa estancia na Mariña, que se animen a repetir e a visitar esta comarca en calquera época do ano”.