Máis de 50 persoas asistiron ao maratón de emprendemento Revolta Rural en Mondoñedo

AMariñaXa
Máis de 50 persoas participarán esta fin de semana de abril no maratón de emprendemento Revolta Rural en Mondoñedo
mondonedo GDR terras miranda rural talent 1
25 Apr 2022

Este evento estivo promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda, Seitura 22 e Montes e Vales Orientais, e organizado pola empresa Rural Talent, xunto co impulso de CaixaBank, dentro do seu proxecto Tierra de Oportunidades.

A Revolta Rural tivo lugar o día 23 e 24 de abril en Mondoñedo, un evento de emprendemento ao que se inscribiron 30 ideas de negocio, dos que a metade daeron solucións a retos en innovación en experiencias e comercialización para o sector turismo; oito proxectos traballaron para a creación de novos negocios en produción, transformación e comercialización agroalimentaria, e os sete restantes foron ideas innovadoras para os sectores forestal, enerxía e servizos á poboación.

A xornada deu comezo ás 11.00 horas no que se presentou de forma oficial o evento e na que os participantes traballaron en desenvolver un plan de empresa, apoiados por seis mentores galegos referentes en innovación, turismo e sustentabilidade, comunicación, e asesoramento legal e en financiamento.

Os devanditos mentores foron Antonio García Lorenzo, profesor da UDC e da Business Factory Food. Clúster Alimentario de Galicia ( CLUSAGA); Julio Sánchez Montoya, xerente de administracións públicas da empresa Valora Consultores; Hugo Fraga Pigueiras, director en Hyliacom; Roberto Alonso, Interim manager Director Financeiro; Itziar V, emprendedora con Twin Shoes e presentadora de Amor na Rede; e Pablo Taboada Villamil, avogado e director de Delvy en Pontevedra.

Á Revolta Rural uníronse tamén empresas referentes dos tres territorios para contar os seus casos de éxito baixo o formato Café con…, onde os participantes puideron coñecer os modelos de negocio de O sabor dos Ancares da Cooperativa A Carqueixa de Cervantes, Laminados Villapol de Trabada, e a Granja Labrada Bed & Horses de Mañón.

Xa o domingo, foi o momento da presentación dos modelos de negocio ante os 6 membros do xurado, composto por responsables de CaixaBank, Rural Talent, Delvy, e a Universidade da Coruña. E mentres o xurado delibera, desde o GDR Terras de Miranda organizaron unha visita guiada por Mondoñedo para mostrar o patrimonio histórico e cultural da Vila.

Á volta da visita celebrouse a entrega de premios onde cada GDR entregou catro premios, un de 2.500 euros que foi para Andrea González; outro de 1.500 para Cintia e Erea; e dous de 500 euros, un para Elvira Posada e outro para Coral Pardo. Ademais tamén foron obsequiados coa participación na Incubadora Revolta Rural durante 6 meses cunha bolsa de mentorización na que estarán acompañados por persoal especializado de CaixaBank e Rural Talent, e o apoio en financiamento para a posta en marcha dos seus proxectos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17790198326111