Máis de 400 persoas participarán na terceira edición do Día da 3ª Xuventude de Burela

AMariñaXa
O prazo para inscribirse no Día da 3ª Xuventude, que se celebrará o día 1 de maio en Burela, está aberto ata este mércores, día 24 de abril.
23 Abr 2024

O prazo para inscribirse no Día da 3ª Xuventude, que se celebrará o día 1 de maio en Burela, está aberto ata este mércores, día 24 de abril. O Concello celebra que xa haxa máis de 400 persoas inscritas para participar neste evento, que incluirá comida e baile a partir das 14.00 no pavillón dos institutos e un agasallo para as persoas que asistan ao xantar.

Sandra Fernández, concelleira de Servizos Sociais destaca a importancia de que “as persoas que collesen o tícket e non poidan asistir o comuniquen para evitar o desperdicio de alimentos en medida do posible”. A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello, a onde tamén se poden dirixir as persoas que xa realizaran a inscrición para avisar se finalmente non poderán asistir.

Poderán anotarse as persoas empadroadas en Burela que sexan xubilados do mar, pensionistas do sistema da Seguridade Social maiores de 60 anos, ou maiores de 65 anos en xeral, así como os e as cónxuxes destas persoas. Ás 12.30 do 1 de maio haberá unha recepción na Casa da Cultura, e as persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13.30 horas.

0.17905712127686