Máis de 2.500 profesionais confirmados para Expomar a falta dunha semana

AMariñaXa
O salón de plenos do Concello de Burela acollerá o vindeiro 27 de abril a presentación da XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar
fundacion expomar burela vista
fundacion expomar burela vista
5 may 2023

Desde a nave de redes do porto de Burela xestiónanse os últimos detalles da próxima XIX Feira Expomar, que se celebrará dentro dunha semana, do 10 ao 13 de maio. Esta edición da feria náutico-pesqueira Expomar é “a máis agardada” da súa xa  longa historia, pois chega despois do parón obrigado pola pandemia da Covid en 2021.

O sistema de entradas e invitacións profesionais este ano informatizouse para facer máis  cómoda a súa xestión por parte tanto da organización como dos expositores da feira. Nos  últimos días descargáronse xa máis de 2.500 entradas profesionais, o que confirma o interese que desperta este evento e xa adianta unhas cifras de participación incluso  superiores ás da última feira en 2019, achegándose xa ao desexado obxectivo de superar  a cifra de negocio xerada entonces por expositores e visitantes profesionais.

Mentres tanto, no porto de Burela xa se multiplican as tarefas para que a nave de redes  acolla en menos dunha semana a 19ª edición da feira monográfica náutico-pesqueira EXPOMAR 2023, que aumenta a súa superficie de exposición en máis de 1.000 metros  cadrados con respeto á última edición, superando os 5.000 metros entre o interior da  nave de redes e unha nova carpa anexa no porto de Burela. Este crecemento débese en  gran parte á alta demanda de expositores, xa que un 30% dos expositores serán novos.