Máis de 100 xogadores participaran esta fin de semana en Ribadeo no Campionato Galego de Tenis de Mesa en categorías veterano e infantil

TerraChaXa | AMariñaXa
7 May 2019

O pavillón municipal de Ribadeo acollerá por primeira vez os campionatos galegos de tenis de mesa en categorías veterano e infantil esta fin de semana, sábado 11 e domingo 12. Participarán preto de 100 xogadores e xogadoras pertencentes a clubs das catro provincias galegas, entre eles o anfitrión, S.D. Ribadeo Tenis de Mesa, como anunciou o seu presidente, Francisco Muiña Díaz, que presentou o evento.
O sábado de 09:30 a 21:00 horas disputaranse as competicións individuais e dobres de veteranos, e por equipos de infantís, tanto masculinos como femininos. E o domingo no mesmo horario celebraranse as individuais e dobres de infantís, e por equipos de veteranos, tanto masculinos como femininos.
Nestes campionatos participarán 12 equipos masculinos, 8 equipos femininos, 48 xogadores en individual masculino, 24 xogadoras en individual feminino e 16 parellas en dobres masculinos e femininos.
O evento está organizado polo club S.D. Ribadeo Tenis de Mesa, a Federación Galega de Tenis de Mesa e o Concello de Ribadeo, coa colaboración de Gráficas Ribadeo.

0.16748118400574