Luar na Lubre, Treixadura, Souto Xímaro, e o Coro Mestre Pacheo estarán no Día das Letras Galegas de Lourenzá

AMariñaXa
Luar na Lubre, Treixadura, Souto Xímaro, e o Coro Mestre Pacheo, estarán no Día das Letras Galegas de Lourenzá
actividades letras galegas 2023 lourenza
11 May 2023

Nos actos do Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego o vindeiro mércores, día 17, en Vilanova haberá as actuacións musicais de Luar na Lubre, Treixadura, Souto Xímaro, o Coro Mestre Pacheo, a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e a Banda de Música de Lourenzá.

As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha actuación da Banda de Música de Lourenzá polas rúas de Vilanova. A partir das 11 e media da mañá desenvolverase na Praza do Conde Santo o acto institucional da Xunta de Galicia, no que actuará o grupo musical Luar na Lubre.

Ás 12.30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega, acto no que participarán o grupo musical Souto Xímaro e o coro Mestre Pacheco.

Ás 15.00 horas empezará un xantar popular no Campo do Mosteiro, onde ás 18.00 horas actuará a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e ás 19:00 horas haberá un concerto do grupo musical Treixadura, co que remataran os actos da xornada.

actividades letras galegas 2023 lourenza
0.16156911849976