Lourenzá impulsa un obradoiro de estimulación cognitiva para maiores de 65 anos

O Concello de Lourenzá pon en marcha unha nova actividade centrada no coidado da saúde mental das persoas maiores a través dun obradoiro de estimulación cognitiva, dirixido a veciños e veciñas maiores de 65 anos.
Esta proposta ten como obxectivo principal contribuír ao mantemento e fortalecemento de funcións como a memoria, a atención ou a capacidade de razoamento, favorecendo ao mesmo tempo o envellecemento activo e a socialización.
O obradoiro celebrarase o vindeiro 19 de maio, ás 10:30 horas, no Centro de Día de Lourenzá. Trátase dunha actividade organizada en grupos reducidos, polo que as prazas son limitadas e será necesaria inscrición previa.
As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa participación a través dos teléfonos 982 10 64 66 ou 672 08 35 18.
Desde o Concello anímase á veciñanza a participar nesta iniciativa, destacando a importancia de coidar tamén a mente como parte fundamental do benestar na idade adulta.